Thursday 16 de May de 2024

Preto de 40 centros educativos intercambiarán boas prácticas docentes ao abeiro do programa “Observación_Acción”


— A Xunta impulsa esta iniciativa para fomentar o desenvolvemento das Competencias Profesionais Docentes e a aprendizaxe conxunta entre profesores

— Favorécese o traballo en equipo do profesorado con intereses compartidos e mesmo se abre a porta á colaboración con centros doutras CCAA ou países

 

Un total de 36 centros educativos galegos intercambiarán boas prácticas docentes ao abeiro da segunda fase do programa Observa_Acción, convocado pola Xunta para fomentar o desenvolvemento das Competencias Profesionais Docentes e a aprendizaxe conxunta entre os profesores.

En concreto, o intercambio permite experimentar novas vías de formación do profesorado e favorecer a innovación educativa nos centros, ao tempo que se facilita aos docentes a posibilidade de observar de forma directa metodoloxías nos procesos de ensino-aprendizaxe, xeitos de relación e comunicación ou vías de xestión dos recursos propios e alleos que desenvolven outros centros. Así mesmo, favorécese o traballo en equipo do profesorado con intereses compartidos e mesmo se abre a porta á colaboración con centros doutras comunidades autónomas ou países.

Nesta segunda fase, que se desenvolverá ata xuño, cada centro ten outro asignado co que intercambiará experiencias durante un máximo de dous días, mentres actuará como mentor e observador, compartindo, colaborando, reflexionando, observando e formándose mutuamente. O equipo implicado estará integrado por un representante do equipo directivo formando parte dun grupo de entre tres a cinco docentes que realizarán unha visita a outro centro educativo para observar a súa práctica profesional e implicarse nun diálogo que contribúa á mellora das súas capacidades. Esta fase será xestionada polo equipo directivo e coordinada polo Centro de Formación e Recursos correspondente á súa zona.

Os centros seleccionados son os reflectidos na seguinte táboa:

Provincia Concello Centro
A Coruña A Coruña Escola Oficial de Idiomas da Coruña
A Coruña A Coruña CEIP Emilia Pardo Bazán
A Coruña Ames IES Plurilingüe de Ames
A Coruña Arteixo  CEIP Ponte dos Brozos
A Coruña Betanzos IES Francisco Aguiar
A Coruña Boiro IES Plurilingüe A Cachada
A Coruña Cerceda CPI Plurilingüe O Cruce
A Coruña Cerceda CEIP Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro
A Coruña Fene CEIP Plurilingüe de Centieiras
A Coruña Ferrol CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro
A Coruña Ferrol IES Sofía Casanova
A Coruña Ferrol CEIP Plurilingüe A Laxe
A Coruña Monfero CPI Plurilingüe Virxe da Cela
A Coruña Oroso CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés
A Coruña Outes CEIP Plurilingüe de Outes
A Coruña Padrón CEIP Flavia
A Coruña Porto do Son CEIP Plurilingüe de Sobrado-Nebra
A Coruña Santiago de Compostela IES Arcebispo Xelmírez II
Lugo Burela IES Monte Castelo
Lugo Monforte de Lemos IES Río Cabe
Lugo Sarria IES Xograr Afonso Gómez de Sarria
Ourense Celanova IES Celanova Celso Emilio Fereiro
Ourense Viana do Bolo IES Carlos Casares
Ourense Vilamarín IES de Vilamarín
Pontevedra Cerdedo-Cotobade CEIP Plurilingüe de Tenorio
Pontevedra Marín CEIP de Ardán
Pontevedra Marín CEIP Plurilingüe da Laxe
Pontevedra Moraña CPI Plurilingüe Santa Lucía
Pontevedra Mos CEIP Mestre Martínez Alonso
Pontevedra Pontevedra IES Sánchez Cantón
Pontevedra Pontevedra Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra
Pontevedra Pontevedra CEIP de Parada-Campañó
Pontevedra Pontevedra IES A Xunqueira II
Pontevedra Vigo IES Valadares
Pontevedra Vilaboa CEP Plurilingüe de Riomaior
Pontevedra Vilaboa CRA de Vilaboa Consuelo González Martínez

Catro fases

A primeira fase do programa, desenvolvida no primeiro trimestre do ano, consistiu na observación das prácticas metodolóxicas entre docentes do mesmo centro educativo. A terceira, prevista para o período outubro de 2023–febreiro de 2024, será de  colaboración entre diferentes CCAA adheridas ao programa, incluíndo a  recepción dun máximo de cinco docentes, durante un máximo de tres días, a centros doutras comunidades e viceversa para realizar a observación.

 

Finalmente a cuarta fase, de febreiro a xuño de 2024, será a de internacionalización. Consistirá nunha estadía nun centro educativo dun dos países socios europeos, o que permitirá aos docentes entrar en contacto coa realidade diaria dun sistema educativo nun contexto internacional.